Será unha obra para público familiar inspirada no conto de Carvalho Calero. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4€ e 3€.
Teatro Ghazafelhos visita de novo o Teatro Municipal de Tui este venres, 17 de febreiro, ás 19.30 h coa obra ‘As pitas baixo a choiva’, un espectáculo con guión e dirección de Pepablo Patinho baseado nun relato de Ricardo Carvalho Calero.
Nesta obra para público familiar, Ludivina e Terejía son as dúas pitas protagonistas que viven no curral de Barreira. Están agardando a visita de Ricardiño, o neno que vai ás veces xogar con eles. Pero temen que ese día chova, pois cando isto ocorre, Ricardiño tolea e perségueas até pechalas no curral. Agora, coa axuda do Galo Chafarís e o raposo Rosende, tentarán que o neno deixe de tolear coa choiva e poida xogar con elas.
O elenco da obra está formado por Pablo Sánchez, Jorge Casas, Montse Piñón e Pepablo Patinho.
Teatro Ghazafelhos creou en 2006 da man de Montse Piñón e Pepablo Patinho, especializándose en obras teatrais para público familiar. Céntranse no traballo de monicreques, animación e teatro actoral.
“As pitas baixo a choiva” está recomendada a partir de 3 anos e ten unha duración de 60 minutos. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 4 e 3 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de o carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos.
Toda a información desta programación teatral en Tui pódese consultar nas redes do concello e tamén na web tui.gal.