Onte a asemblea da agrupación local socialista da vila escolleu, por unanimidade, ao seu actual Secretario Xeral e veciño cara as eleccións municipais
Este sábado, o PSdeG-PSOE de Salvaterra celebrou unha asamblea na que se decidía quen optaría a Alcaldía pola banda socialista, de cara as eleccións municipais o vindeiro mes de maio.
Como resultado e por unanimidade, será o Secretario Xeral de Salvaterra, Félix González, quen lidere a lista socialista; declarou tras o anuncio da súa candidatura “asumo este reto con responsabilidade e moita ilusión e agradecendo a toda a militancia a súa confianza”.
Este mozo de 35 anos, nado na parroquia de Oleiros, é Graduado pola Universidade de Vigo en Dirección e Xestión Pública e traballa na actualidade como Xestor Administrativo, tendo un despacho propio e como docente, principalmente dando formación a desempregados.
Aínda que non quere desvelar o seu programa, avisa que se centrará en dous temas: a mellora da xestión económica “non se poden malgastar os recursos de tod@s”, e os servizos básicos que debe prestar o concello “non pode ser que cada 4 anos veñan a vendernos que se vai facer a Depuradora do Mendo, ou incluso se asinen convenios, e ao final pasan os anos e nada de nada” puntualizou o candidato socialista á Alcaldía de Salvaterra, Felix González.