As persoas interesadas en participar na iniciativa deste ano xa poden anotarse na web municipal
O Concello de Mos repite programa de andainas medioambientais un ano máis, chegando xa á súa terceira edición. A iniciativa comezaba no ano 2021, no que se levaron a cabo 5 andainas que sumaron un total de 500 participantes; no ano pasado duplicáronse as saídas e realizáronse 10 andainas, unha por parroquia, triplicándose a participación cun total 1.500 persoas.
A rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e o edil de Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que os interesados en participar nestenovo programa de andainasde Medio Ambientexa poden inscribirse gratuitamente a través da páxina web municipal www.mos.es accedendo ao formulario de inscrición na seguinte ligazón: https://www.mos.es/andainas-medioambiente/
As andainas levaranse a cabo en primavera con 4 o 5 saídas e en outono, con 5 ou 6, realizándose en domingo de 10.00 a 13.00 h. Os participantes recibirán como agasallo unha mochila e un chaleco.
O concelleiro Leo Costas informou de que desde a administración local estase deseñando o percorrido das andainas en colaboración con diferentes colectivos parroquiais, atopándose xa definidas as características comúns que compartirán as andainas.
Todas terán un percorrido cunha lonxitude mínima de 6 km e máxima de 9 km e ningunha delas poderá ter máis dun 20% de traxecto de asfalto. Fomentarase o paso por zonas máis descoñecidas para a veciñanza como poden ser sendeiros de regadío, carreiros, pistas, etc. Toda aportación e idea dos diferentes colectivos colaboradores será benvida.
A participación neste programa é totalmente libre e de balde, e poden acudir membros de toda a familia, tamén cans se son sociables.
Os asistentes contarán con auga para beber durante o traxecto e vixianza e acompañamento por parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.
Este programa de andainas trátase dunha iniciativa que persegue o obxectivo de promover un lecer de goce do patrimonio natural local mosense, así como de concienciación medioambiental.