O Concello xa está a tramitar a licenza para a contrución dun novo hotel de 63 habitacións que se localizará na Avda. Domingo Bueno con fachada tamén á rúa Antonio Palacios
O alcalde, Alejandro Lorenzo, anunciou que Concello do Porriño tramita a licencia para a construción dun novo hotel na vila, que se ubicará no nº 1 da céntrica Avda. Domingo Bueno.
O rexidor porriñés explicou que “o proxecto de construción deste novo establecemento hoteleiro conta cun orzamento de 1.570.800,00 € e levarase a cabo nunha parcela de 733,13 m2, con fachadas e entradas á Avda. Domingo Bueno e á Rúa Antonio Palacios.
Os planos indican que o inmoble contará con catro plantas repartidas nun soto, destinado a lavandería, vestiarios, cuartos técnicos e almacén xeral; seguidamente a destinada á recepción (con entrada por Domingo Bueno), cafetería e sala multiusos; a segunda, situará o segundo acceso ao hotel dende a rúa Antonio Palacios, con vestíbulo, sala de usos múltiples e habitacións; e unha terceira, adicada integramente a habitacións.
Alejnadro Lorenzo subliñou que “este novo establecemento con 65 habitacións, sumará 135 prazas á oferta hoteleira do Porriño” e apuntou “Para unha vila co dinamismo e potencial industrial, cultural e deportivo do Porriño a construción dun novo hotel é unha gran nova, xa que na actualidade non temos capacidade para acoller ao volume de persoas que nos visitan por motivos de lecer, ocio ou incluso de traballo”.