Sthela Táboas 27/01/2023

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor atendeu preto das 500 consultas durante o pasado ano

O Concello de Salceda de Caselas informou sobre a actividade da Oficina Municipal de Información ao Consumidor –OMIC ao longo do 2022,  coordinada dende a concellería de Comercio que dirixe a propia alcaldesa, Verónica Tourón.

Durante o pasado a OMIC, situada na Casa da Cultura Castelao e atendida por un técnico municipal de Consumo, atendeu preto de 500 consultas relacionados con temas sobre garantías, dereitos dos consumidores, reparación de bens consumibles, revogacións de contratos, etc.

A súa tarefa nestes casos foi a de informar, mediar ou derivar ao Instituto Galego de Consumo –IGC- para que inicie os correspondentes expedientes de reclamacións, tramitando un total de 150 para que este organismo, dependente da Consellería de Economía e Industria, decidise se ditas reclamacións se someterían a mediación previa, a Arbitraxe de Consumo ou se resolverían mediante outro tipo de vía administrativa.

Así mesmo se remitiron a outros organismos de mediación públicos un total de 70 reclamacións. Ao Departamento de Conducta e Reclamacións do Banco deEspaña as reclamacións bancarias; á Secretaría de Estado de Telecomunicacións, as compañías telefónicas que non se someten a“xurisdición” galega; á Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Industria,as reclamacións a compañías de seguros; á Axencia Estatal de Seguridade Aérea –AESA-, as reclamacións contra as Compañías Aéreas, etc.

Por apartados, resaltar que das 150 reclamacións, este ano foi sen dúbida o das compañías eléctricas e as de gas, rexistrando un total de 50 debido aos prezos desorbitados e aos mudas de contrato sen previo aviso. O segundo lugar, cun total de 45 expedientes, ocúpano as compañías de telefonía móbil, fixa e Internet tal e como ben sendo habitual nos últimos anos. De seguido as tendas físicas con 20, os bancos con 15, as tendas on-line, as compañías aéreas, a venta a domicilio; e rematando o ranking, as academias a distancia, os talleres, empresas de transporte, as compañías de seguro, etc.

Con respecto aos anos anteriores, no 2022 mantívose o número de reclamacións, pero aumentou considerablemente o de consultas no servizo. Salientar que o 75 % da poboación atendida é residente no municipio de Salceda de Caselas e o 25 % restante pertence aos concellos veciños de O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e Ponteareas.

Resaltar por último que a OMIC de Salceda de Caselas a través do seu técnico responsable é membro do Consello Reitor do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, pois leva dende o ano 2000 ofrecendo este servizo no Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad