Sthela Táboas 20/01/2023

O veciño de Tameiga Bryan Barreiro cambiou o fútbol polo motociclismo destacando xa desde a primeira tempada

O Concello de Mos recibíu onte ao veciño de Tameiga Bryan Barreiro Rivero, Campión Galego de Vftiming 2022 na categoría Pit Motard Adulto Open. Nela, ademáis do homenaxeado e a súa nai, irmá e avós maternos, estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Corporación Municipal mosense.

“Desde o Concello de Mos queremos hoxe salientar a andadura deportiva do mozo mosense da parroquia de Tameiga, Bryan Barreiro Rivero, que ten sido moi destacada a pesares da súa idade, xa que se trata dun mozo moi novo de tan só 18 anos” destacou a rexedora local mosense, Nidia Arévalo.

Bryan Barreiro ten acadado grandes logros na súa curta pero intensa carreira deportiva. Tras deixar o fútbol, iniciou unha satisfactoria andaina en motociclismo e, ademáis de erixirse recentemente Campión Galego de Vftiming 2022, na súa primeira tempada na categoría KX85 xa conseguíu quedar 3º do Campionato Galego ANPA.

Na segunda tempada, a pesares de quedar 1º, un fallo de organización provocou que non se lle recoñecese o título, ao igual que ao resto de clasificados.

Ao ano seguinte volveu a deixar a Mos moi alto no palmarés, e na súaterceiratempadanos Campionatos Federados do Galego e VF Timing acadou a 2ª e 3ª posición, respectivamente, en ambos campionatos.

Arévalo dirixiuse a Bryan asegurando que “é unha honra para este Concello contar con deportistas coma ti” e animouno a continuar esforzándose: “non deixes de adestrar e de traballar para continuar no máis alto dunha carreira que de seguro será prometedora”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad