Sthela Táboas 16/01/2023

A Comunidade de Montes de Tameiga aprobou este domingo en asemblea extraordinaria mercar os terreos particulares lindeiros ao monte comunal, ademais ratificou extender a súa negativa a permutar monte comunal para o novo intento de Mouriño de apropiarse de monte veciñal, o proxecto 360 Sport Galicia

Este domingo celebrouse unha asemblea extraordinaria da Comunidade de Montes de Tameiga. Nun auditorio abarrotado, a veciñanza comuneira aprobou por unanimidade mercar os terreos particulares lindeiros ao monte comunal de Tameiga.

O presidente da Comunidade de Montes de Tameiga, César Lago, sinalou que “con esta gran operación de compra, a Comunidade de Tameiga satisface a vella aspiración de ampliar a extensión do monte comunal.

A Comunidade destinará un mínimo de 200.000 € para ampliar a extensión do monte comunal de Tameiga, pois “iguala o prezo por m2 que está ofrecendo Mouriño e lanza unha oferta de compra efectiva e inmediata, non unha opción de compra a 2 anos vista como a que están a realizar os promotores do complexo comercial e deportiva”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad