Sthela Táboas 11/01/2023

Dous incidentes nos que a Policía Local tivo que socorrer a nen@s de corta idade, poñen de manifesto a súa necesidade

O PSdeG-PSOE O Porriño quixo agradecer públicamente á Policía Local do Porriño o auxilio prestado ao bebé que fai uns días sufriu unha situación límite en termos sanitarios, que unha rápida intervención evitou que tivera tráxicas consecuencias. Pero o grupo socialista quixo destacar que “este feito debe servir para reivindicar e lembrarlle ao alcalde do Porriño que os vehículos policiais non son transporte sanitario adecuado para unha urxencia e que é preciso unha maior dotación do Centro de Saúde para atender urxencias deste tipo, especialmente, dispor de vehículos adecuados para este fin como ambulancias medicalizadas”

O voceiro local do PSdeG-PSOE do Porriño, David Alonso Bargiela, indicou que “o Centro de Saúde do Porriño é tamén PAC (Punto de Atención Continuada), e só conta cunha ambulancia na vila, totalmente insuficiente ao igual que os profesionais sanitarios. Tendo en conta os municipios limítrofes aos que tamén atende urxencias e que O Porriño se atopa entre a A-55 e a A-52, autovías nas que se rexistran numerosos accidentes e que requiren a movilización da ambulancia, o que fai que non se atope disponible en moitas ocasións é preciso ter unha maior dotación de vehículos para que  os doentes non teñan que agardar cando non está dispoñible.”

“Neste caso o equipamento da ambulancia non era o axeitado, noutros a ambulancia non chega a tempo. É por isto polo que o Concello do Porriño debe reclamarlle á Xunta de Galicia e ao Servicio Galego de Saúde (SERGAS) cando menos outro vehículo, e que presten atención ao que está a pasar coas empresas concesionarias das ambulancias, pois contan con vehículos que non cumpren cos requisitos licitados, insuficientes unidades e co seu persoal farto de comunicalo ás empresas; así se ven demostrando a diario cunha longa espera para o doente que as solicita” indicou David Alonso.

“Os socialistas queremos traballar en positivo neste tema, solicitanto máis medios, pero  ¿ata cando vai seguir o alcalde do Porriño cos brazos cruzados no eido sanitario? ¿Vai seguir dicindo como no último Pleno da corporación que todo funciona axeitadamete, coma o servizo de citación telefónica?” Preguntan dende o PSdeG. Con todo “queremos agradecer públicamente a labor da policía local neste eido, pero para axudar a evitar no futuro situacións coma estas, temos que estar mellor preparados no futuro e ter outro vehículo máis adaptado”.

Dende o PSdeG-PSOE O Porriño informaron que solicitarán no vindeiro pleno maior apoio e medios ao Centro de Saúde do Porriño para que a próxima urxencia como esta, poida ser trasladada nun vehículo máis axeitado.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad