Sabela Landín 10/01/2023

As seis mencións especiais recaíron en `Lolyana´, `Obradoiro Kreativo´, `Dándara´, `Tía Tata´, `Origen Café´ e `Peluquería Susy´

O primeiro Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello do Porriño xa ten gañadores.

`The Game Tatoo & Piercing´  (Rúa Manuel Rodríguez, 9) e a súa factoría de xoguetes fíxose co primeiro premio. O segundo foi para a casiña de doces de `SuperSugar´ (Praza de Abastos, Planta 1) e o terceiro para a montaxe de `O-Exo Floristería´   (Rúa Manuel Rodríguez, 40. Baixo).

A suma do voto popular e xurado otorgou tamén seis mencións especiais a `Lolyana´ (Rúa Ramiranes, 4, baixo), `Obradoiro Kreativo´ (Rúa O Pinar, 4), `Dándara´ (Rúa Ramón González, 13), `Tía Tata´ (Rúa Ramón González, 33), `Origen Café´ (Praza Antonio Palacios, 5) e `Peluquería Susy 2´ (Rúa Manuel Rodríguez, 62).

A votación popular levou o peso do concurso e o xurado, formado por representantes do tecido asociativo do municipio, outorgou a súa puntuación (sobre 100) valorando a composición e deseño, calidade, iluminación, creatividade e orixinalidade, exposición dos produtos e integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A suma de ambas determinou aos gañadores.

O primeiro premio estaba dotado de 1.200 euros, o segundo de 800 euros e o terceiro de 500 euros. Cada unha das mencións especiais premiouse con 250 euros.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad