Sabela Landín 31/12/2022

O importe vai dos os 591 e aos 835,80€, en función da titulación

O máis numeroso entre os beneficiarios é o Máster Universitario do Profesorado

A finalidade destas bolsas é facilitar o acceso das persoas en situación de desemprego a uns estudos que melloren as súas opcións laborais

Un total de 107 persoas (69 mulleres e 38 homes) desempregadas beneficiaranse das axudas para a matrícula de máster universitario da Xunta de Galicia. A resolución desta convocatoria da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pode consultarse no Diario Oficial de Galicia. En función do tipo de máster que curse o beneficiario, o importe máximo de axuda será de 835,80 € e o mínimo de 591 €, sempre dando cobertura ao importe das materias matriculadas por primeira vez da titulación.

A finalidade desta liña de axudas é facilitar o acceso das persoas en situación de desemprego a uns estudos que lles permitan mellorar a súa empregabilidade, a través dunha formación avanzada orientada á especialización académica ou profesional que mellora o seu acceso a un mercado de traballo globalizado.

Puideron solicitar as axudas as persoas tituladas universitarias que estiveran desempregadas á data de presentación da solicitude e matriculadas no presente curso académico 2022/2023 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia.

Reparto por universidades

Por universidades, 28 dos beneficiarios cursan o máster na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 50 na de Vigo (UVigo) e 29 na da Coruña (UDC). A titulación mais demandada entre as persoas beneficiarias é o Máster Universitario de Profesorado.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad