Sthela Táboas 31/12/2022

‘Un ano decepcionante para O Porriño’ así se titula a curtametraxe duns 8 min na que David Alonso Bargiela resume a xestión de Alejandro Lorenzo nos distintos eidos municipais como “decepción”

O PSdeG-PSOE lanzou un vídeo no que o candidato socialista á Alcaldía do Porriño, David Alonso Bargiela, fai unha valoración dende que o 23 de decembro de 2021 “o Partido Popular chegase á Alcaldía do Porriño, nun movemento impulsado pola presión de Esquerda Unida e o propio PP, que chegaron a asinar unha moción de censura”; dende entón e ata hoxe “a labor de xestión de Alejandro Lorenzo resúmese cunha palabra: decepción”.

Alonso lembrou que nos anos que o PP estivo na oposición, a súa política foi a de “tentar paralizar a labor do goberno local, votando en contra de inversións, orzamentos, ralentizando inversións da Xunta no noso pobo, ou o pago de facturas a proveedores con todos os informes”.

No eido económico, o candidato socialista á Alcaldía do Porriño afirma que neste ano de goberno o PP xa levaría gastado 4 M€, pois “dos 10 millóns de euros que os socialistas deixamos nas contas do Concello, o alcalde xa gastou 6 millóns, sen conseguir inversións relevantes para os nosos vecinos”. Pero e que ademáis “a paralización do pago das facturas por parte do Concello, traerá como consecuencia o pago de miles de euros en pago de sentencias por intereses de demora, como xa ocorreu no goberno de Nelson Santos. Unha clara incapacidade na xestión económica do Concello”.

No que respecta a infraestructuras e servizos, afirma que neste ano como alcalde, Alejandro Lorenzo amosou “a sua total incapacidade non só para atraer unha soa obra da Xunta de Galicia ás estradas de titularidade autonómica, senón que paralizou totalmente o proxecto de eliminación do paso a nivel do Porriño”. Tampouco foi capaz “de captar un só euro de fondos Next Generation para obras no Porriño, agás os fondos que Pedro Sánchez trasladou á Xunta para facer o novo Centro de Saúde do Porriño”. Alonso tampouco deixa de falar “da desastrosa xestión do Servizo de Recollida de Lixo ou a limpeza das nosas parroquias”.

No eido social e sanitario, este alcalde representou unha clara involución para Porriño. As políticas de apoio social víronse directamente engulidas por un gasto desmesurado en actividades festivas e gastos protocolarios mentres se abandonaba ás persoas máis necesitadas. A negativa a por en marcha o Bono Social Enerxético que os socialistas propuseronen Abril de 2022, tamén a ten en conta o PSdeG-PSOE neste vídeo, no que afirman que o PP “amosa claramente que a prioridade deste goberno non son as persoas” e iso pódese apreciar ben “na falta de sensibilidade cos traballadores do Servizo de Apoio no Fogar” ou no tocante ao centro de saúde.

No terreo laboral e industrial, o portavoz socialista non atopa “unha soa iniciativa que permita afirmar que este goberno ten algún tipo de preocupación polo emprego ou polo impulso da actividade industrial ou comercial”.

Respecto do Centro de Transportes que o Consorcio da Zona Franca de Vigo quería instalar en Torneiros, Alonso afirma que “as mentiras que o actual goberno tentou expandir arredor da obra do Centro de Transportes, viñéronse abaixo no intre en que os socialistas informamos con claridade e sinceridade que esta obra non só non se vai facer, senón que non existe partida para elo. Mentres é preciso que todo o mundo saiba que se nalgún intre esta obra puido ser posible, só existía unha razón: que o PP puso estos terreos como urbanizables industriais no Plan Xeral de Urbanismo, no ano 2003”.

Por último, “no eido cultural, educativo e deportivo, atopamos un goberno sen sensibilidade, sen impulso; sen atender a unha programación cultural para todos os públicos e sin renunciar á nosa identidade”; á vez que o grupo socialista critica “o gasto desmesurado en empresas foráneas para organizar eventos propios”, facendo referencia a contratacións de membros da lista de Alejandro Lorenzo na mesma liña caciquil do PP e amosando “a escasa ou nula confianza do PP no noso tecido local e cultural”. E no tocante ao deportivo “este goberno segue a vivir do traballo que os socialistas fixeron en regularizar a contratación de servizos básicos como a piscina e por en orde as infraestructuras deportivas, que agora novamente, comezan a estar en mal estado.

David Alonso remata confiando nun novo equipo creado unha vez realizado un importante exercicio de autocrítica e reconstrucción, salientando “temos un novo PSOE no Porriño”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad