Sthela Táboas 30/12/2022

O PSdeG impulsará en Europa un plan de recuperación do espazo natural da lagoa das Gándaras de Budiño

O europarlamentario socialista Nicolás González Casares visitou xunto co candidado socialista do Porriño, David Alonso Bargiela e o concelleiro socialista da parroquia de Budiño, Emilio Diz Castineira, o espazo natural da lagoa de As Gándaras de Budiño, catalogado como Rede Natura 2000 e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) pola súa importancia natural, para impulsar unha iniciativa local ante a UE para recuperar e poñer en valor este espazo de valor singular.

O europarlamentario socialista apelou ás administración locais e autonómicas a promover un plan de xestión do espazo rede natura As Gándaras, para poder optar aos fondos Next Generation de Recuperación Ambiental. Segundo Casares, a UE pretende que en 2030, Europa sexa quen de recuperar alomenos o 30% de espazos naturais degradados, o que fai da zona natural de As Gándaras, anexo a un polígono industrial, un candidato potencialmente viable para este tipo de fondos, especialmente, por ser o último recuncho europeo do “sapoconcho galego (sapoconcho europeo) e de varias aves e reptís, morcegos e mamíferos de gran importancia natural. Debemos saber combinar o espazo natural co industrial para que cumpra o seu papel de sumidero de carbono e de reserva natural, pero para iso fai falla un proxecto ambicioso antes de que sexa tarde”.

Iniciativas Locais

O candidato a alcaldía do Porriño, David Alonso Bargiela, afirmou que un dos seus primeiros compromisos como candidato será o de impulsar a renaturalización do Porriño “debemos recuperar espazos verdes para a ciudadanía, e para elo, as ribeiras do Louro e a zona natural de As Gándaras, son fundamentais. Por iso, o primeiro que faremos será impulsar un gran acordó municipal para captar fondos europeos impulsando unha iniciativa municipal para crear un consorcio cun amplo respaldo social para presentar unha candidatura aos fondos de restauración ambiental dos Next Generation”.

O concelleiro socialista Emilio Díz, veciño de Budiño, afirmou que os socialistas presentarán no vindeiro pleno, unha moción para instar a Xunta a aprobar un plan de xestión do espazo Rede Natura de As Gándaras, paso previo para comezar a súa restauración, lembrando a gran importancia natural que ten tanto no barrio de Orbenlle en Budiño, como en todo Porriño e os concellos de Porriño, Tui e Salceda de Caselas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad