O PP do Porriño afirma no Pleno que o servicio de citas telefónicas do Sergas funciona correctamente
O grupo do PSdeG-PSOE presentou unha moción na que se recollen as queixas dos usuarios do Centro de Saúde na que moitos seguen agardando máis de 15 días despois de que o servicio robotizado lles indique que devolverán a chamada para unha cita médica
Na tarde de onte tivo lugar o último Pleno Ordinario do 2022 do Concello do Porriño, no que nada máis comenzar gardouse un minuto de silencio polo pasamento de Antonio I. Paz Valverde.
Nesta sesión plenaria o grupo socialista presentou una moción na que instan á Xunta de Galicia “a que restableza o correcto funcionamento do servizo telefónico de citas”.
O portavoz do PSdeG-PSOE, David Alonso, explicou como os doentes estanse a queixar de que lles é imposible solicitar una cita telefónica nos Centros de Saúde Pública, pois o problema xa non é que non poidan contactar telefónicamente co persoal PSX (Persoal Servicios Xerais) que da as citas, o tema é que a voz robotizada a pesares de que inicia correctamente a solicitude pedindo os datos persoais, unha vez identificado o doente finaliza a chamada coa indicación de que en breve devolverán a mesma; algo que pasados incluso 15 días non se leva a cabo.
Ao mesmo tempo, o Sergas está a dispoñer de persoal PSX de información aos usuarios sobre o emprego da App Sergasmóvil nos Centros de Saúde, tratando de impoñer deste xeito que as citas médicas se fagan a través da aplicación de telefonía móvil.
Ademáis a falla de facultativos nos centros de saúde é unha realidade que desemboca nunha perda de servizos, un aumento nas listas de espera e máis dun 25% de persoal eventual en precario.
En resposta á lectura da moción a concelleira de Sanidade, Carolina González, afirmou que o grupo popular “sempre defenderá as melloras da sanidade en atención aos cidadáns” para indicar a continuación que “o sistema de citación telefónica non se suspendeu en ningún momento”, deixando de manifesto que nin tan siquera fixeron a proba de tratar de pedir unha cita telefónica ao Centro de Saúde do Porriño.
O certo é que a nova xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, xa avanzou en declaración aos medios o pasado mes de outubro que “non pode haber un pediatra en cada centro de saúde”, polo que xa podemos ir facendo idea do que nos agarda no futuro do Sergas baixo a xestión do PP.
Non debería sorprendernos este xeito de actuar da Xunta, e menos no Porriño, cando despois de anunciar en novembro do 2021 que as obras de ampliación do centro de Saúde se iniciarían antes de rematar ese ano, na actualidade a piques de rematar 2022 seguimos cos mesmos m2 e servizos; aínda así Carolina González rematou a súa intervención indicando que “a ampliación do Centro de Saúde, xa é unha realidade”.
Todos os grupos da oposición consensuaron no mal funcionamento do servizo de citas telefónico porque así o transmiten os cidadáns, polo que todos votaron a favor de instar á Xunta a restablecer un correcto servizo do mesmo, agás o PP que se abstivo.