Sthela Táboas 29/12/2022

Estas contratacións efectuaranse con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra que aporta 250.000 € e o Concello do Porriño preto de 50.000 €

O Concello do Porriño abre o procedemento de selección para a contratación de 21 persoas desempregadas que desenvolverán funcións en diferentes servizos municipais.

Serán concretamente 1 oficial de carpintería, un de soldadura, un de albanelería, un tractorista-condutor con guindastre e dous peóns de obra pública para o Departamento de Obras;  8 peóns forestais para o Departamento de Parques, xardíns e limpeza; 1 auxiliar de enfermería para a Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) e 6 conserxes para diferentes departamentos municipais.

Estas contratacións efectuaranse con cargo ao Plan Concellos 2023 da Deputación de Pontevedra que cunha achega de 250.000 € mentras o Concello do Porriño fará unha aportación de preto de 50.000 €.

Como requisito fundamental, as persoas que se van contratar terán que estar inscritas no Servizo Público de Emprego que será o encargado de facer a preselección, polo que as persoas interesadas deben inscribirse nos seguintes códigos de ocupación para cando se presenten as correspondentes ofertas de emprego:

  • 1 Oficial 1ª de carpintería: 71311049
  • 1 Oficial 1ª soldador: 73211020
  • 1 Oficial 1ª de albanelería: 71211015
  • 1 Oficial 1ª tractorista-condutor con grúa e outros servizos: 83221013
  • 2 Peóns de obra pública: 96011029
  • 9 Peóns forestais: 95431028
  • 1 Auxiliar de enfermería: 56111013
  • 6 Conserxes: 58331022

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad