Sabela Landín 27/12/2022

Haberá unha gran carpa durante toda a velada, que será amenizada musicalmente polo Combo Dominicano e os DJs Samu Pexe e Groove Amigos

Esta tarde a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Turismo e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, e demais membros do equipo de goberno local presentaron nos exteriores do Pazo de Mos a gran festa Pre Fin de Ano que terá lugar o vindeiro venres 30 de decembro, nesta mesma ubicación, e contará con Touriñán para dar as badaladas.

A velada, que será a cuberto baixo unha gran carpa, dará comezo ás 23:00 horas no Pazo de Mos. As badaladas con uvas e cotillón, a cargo de Xosé Antonio Touriñán, serán ás 24.00 horas, contando tamén coas actuacións musicais da orquestra El Combo Dominicano, dj Samu Pexe e dj Groove Amigos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad