Sabela Landín 23/12/2022

Hoxe realizouse o acto de agradecemento ao empresariado de Mos por todos os alimentos e xoguetes doados. Os produtos comestibles repartiranse esta mesma tarde grazas ao traballo dos/as voluntarios/as e os xoguetes o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos

Esta mañá tivo lugar no salón de sesións do Concello de Mos ás 10.30 horas o acto de agradecemento ao empresariado mosense e demais entidades colaboradoras pola súa colaboración na campaña solidaria municipal Mos Axuda no Nadal.

No acto estiveron presentes Nidia Arévalo, Alcaldesa de Mos, representantes da directiva de AEMOS, representantes das empresas colaboradoras coa campaña, Sara Cebreiro, concelleira de Política Social e Igualdade, e voluntarios/as de Mos Axuda e Protección Civil de Mos.

Arévalo, rexedora local mosense, aproveitou o encontro para agradecer encarecidamente o enorme apoio nesta campaña das EMPRESAS COLABORADORAS: Tesis Galicia, AFAMSA, Reciclajes AVI, Mecoxi, Industrias Afines, NORIBERICA, Hierros Caldas, Grupo Couceiro, Autos Rivada, SERBAFER BATERÍAS SL e por suposto da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS.

Os produtos comestibles comezarán a repartirse esta mesma tarde grazas ao traballo dos/as voluntarios/as. Os xoguetes entregaranse aos cativos beneficiarios o 5 de xaneiro nun acto cos Reis Magos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad