Sabela Landín 20/12/2022

Estará na Biblioteca Municipal. É preciso inscrición previa

Na programación “Tui, o Camiño do Nadal” a Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá entre o luns 2 e mércores 4 de xaneiro o “Planetario viaxando polo universo” unha actividade divulgación científica dirixida a todas as persoas interesadas no mundo da astronomía. Haberá sesións diarias ás 12.00 h, 12.45 h, 13.30, 17.00, 17.45 e 18.30 h con capacidade limitada en cada quenda. Para asistir é preciso inscrición previa no correo electrónico en biblioteca@tui.gal  ou presencialmente no propio centro bibliotecario indicando un telefono de contacto.

No interior dun moderno planetario móbil con capacidade para 20 persoas e utilizando unha metodoloxía interactiva e práctica adaptada a diferentes niveis, as persoas asistentes realizan unha viaxe no espazo e no tempo, que lles leva a descubrir – entre outras materias – o Universo e as galaxias ou o movemento das estrelas, os planetas e os satélites máis importantes que integran o noso Sistema Solar. Aprenden a orientarse observando o ceo nocturno e coñecen os mitos e lendas que as civilizacións clásicas atribuíron ás principais constelacións e como situalas na bóveda celeste.

O planetario recrea con total precisión o ceo nocturno desde calquera lugar da Terra e a visión do Universo desde calquera lugar do espazo, mostrando as posicións exactas dos elementos que o integran en calquera momento presente, pasado ou futuro.

Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Solla, esta actividade do “Planetario, navegando polo universo” ofrece unha sesión didáctica que mestura unha experiencia educativa cunha experiencia visual única que nos permite contemplar o Cosmos en todo o seu esplendor a través dun proxector de última xeración apuntado cara a unha gran cúpula semiesférica de 5 metros de diámetro e nun movemento de 360 graos. Sonsoles Vicente convida a todos os nenos e nenas e persoas interesadas na astronomía e na ciencia a participar nesta actividade que enriquece a programación “Tui Camiño do Nadal” do Concello de Tui.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad