Sthela Táboas 15/12/2022

O Concello do Porriño organiza esta actividade de balde que se desenrolará o domingo  18 de decembro  e inclúe visitas e a degustación do cocido de Lalín

A Concellería de Terceira Idade do Concello do Porriño, dirixida por Rosario Costas, organiza unha excursión a Lalín para os maiores do municipio. A actividade está dirixida a maiores de 65 anos ou maiores de 55 que acrediten ter unha discapacidade, co fin de que este Nadal poidan disfrutar do noso patrimonio rural e a súa gastronomía.

A concelleira matizou que con esta actividade “queremos facilitar que os nosos maiores teñan contacto coa nosa contorna e os beneficios do rural, ao mesmo que tempo aumentan a socialización”.

A xornada –con saída ás 09.00 h e regreso ao redor das 20:30 h- inclúe a visita á Casa do Patrón, o maior museo de etnografía de Galicia; ao Castro de Doade e sala de arqueoloxía; á Casa Castrexa, unha réplica exacta da primeira vivenda aparecida nas escavacións do Castro e ao Pazo de Liñares. Os participantes tamén poderán degustar un dos pratos de máis renome da gastronomía galega, o tradicional cocido de Lalín.

A actividade é gratuíta e o prazo de inscrición remata hoxe xoves 15, pódese facer presencialmente no rexistro xeral do Concello do Porriño, de xeito telemático ou a través da sede electrónica; tamén se pode obter máis información nos tlfs 986338217 e 616755556.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad