Sabela Landín 14/12/2022

O Museo Sefardí de Toledo acolle esta asemblea na que tamén se aprobarán os orzamentos para 2023

A cidade de Toledo acolle hoxe mércores, 14 de no Museo Sefardí de Toledo, a celebración da Asemblea xeral da Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad que tratará, entre outros temas, o relevo na presidencia da Red que corresponde transmitir dende a cidade de Lucena á cidade de Monforte de Lemos, que desempeñará esta función ao longo do ano 2023. Tamén se aprobarán os orzamentos para vindeiro ano.

Onte á noite tivo lugar a recepción aos alcaldes e persoas representantes dos 19 concellos que participan nesta Asemblea polo vicealcalde de Toledo, José Pablo Sabrido, que foi o encargado de dar a benvida, nun acto que contou tamén coa presenza da embaixadora de Israel en España, Rodica Radia-Gordon, e a presidenta da Comunidade Xudía de Madrid, Estrela Bengio, entre outros.

O concello de Tui está representado pola concellería Ana Mª Núñez, xa que por cuestións de axenda non é posible a asistencia do alcalde, Enrique Cabaleiro.

Tui forma parte desta Rede de Juderías de España dende o ano 2019. Esta agrupación de municipios é unha organización que leva máis de 25 anos salvando do esquecemento o patrimonio sefardí das cidades que a compoñen e que é un exemplo da importancia do traballo en rede.  Esta Rede está formada na actualidade polas cidades de Ávila, Barcelona, Béjar, Cáceres, Calahorra, Córdoba, Estella-Lizarra, Hervás, Xaén, León, Lorca, Lucena, Monforte de Lemos, Plasencia, Ribadavia, Sagunto, Segovia, Tarazona, Toledo, Tudela e Tui.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad