Sabela Landín 10/12/2022

De Tui partiron o mes pasado 500 peregrinos segundo os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago

A Oficina Municipal de Turismo de Tui recibiu durante o mes de novembro un total de 1.284 visitantes, dos que 1.125 eran turistas e 159 peregrinos.

Os turistas foron maioritariamente de procedencia nacional cun total de 1.082 persoas que demandaron información turísticas na céntrica oficina tudense. Chegaron principalmente de Madrid (148), Barcelona (135), Pontevedra (125), Guadalaxara (100), Asturias (59), Cuenca (56), Tenerife (56)…

Mentres os 43 turistas internacionais que en novembro se achegaron á oficina tudense proviñan de Portugal(15), Francia (5), Reino Unido(4), Italia (4), Brasil (4), Croacia(3), P. Baixos (3), Alemaña (2)…

Mentres no que atinxe aos peregrinos foron atendidos 71 peregrinos de procedencia internacional, cuxas principais nacionalidades foron: Alemaña(8), Francia (8), Italia (7), EE.UU (6), Uruguai (6), Portugal (4), Brasil(4), R. Unido (3), Taiwán (2)… Pola súa banda, os 88 peregrinos españois chegaron dende: Baleares (18), Madrid(9), Alacante (7), Barcelona (6), Cádiz (6), Pontevedra (6), Málaga (5)…

Por outra parte de Tui segundo os datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago no pasado mes o Camiño Portugués acolleu a 1.842 peregrinos, manténdose como a segunda ruta de peregrinación escollida, fronte ao Camiño Francés que tivo 5.997 visitantes pero a distancia do Camiño Norte con 796 peregrinos ou o Camiño Portugués da Costa con 707 peregrinos.

Cómpre indicar como Tui segue manténdose como un dos primeiros lugares escollidos para iniciar a peregrinación con 503 peregrinos, superada por Sarria (2.333), St. Jean Pied de Port (1.606) e Porto (759).

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, salienta que estes datos indican a consolidación dunha tendencia, crecente ano a ano, dunha maior desestacionalización do sector turístico, ao que contribúe de modo especial o Camiño de Santiago, que a pesar das inclemencias meteorolóxicas do pasado mes continua a ofrecer excelentes datos nos número de peregrinos polo Camiño Portugués.

Por outra banda, constátase neste datos unha crecente consolidación da Oficina Municipal de Turismo na súa nova localización cun amplo número de visitantes que se achegan ata mesma na procura de información na súa visita á nosa cidade.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad