Participaron este martes do IES’s San Paio e Indalecio Pérez e do Colexio Maristas
Este martes tivo lugar a segunda proxección do programa Cine nas Aulas no Teatro Municipal de Tui, ao que asistirán un total de 198 alumn@s e docentes de 4º de ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Seminario Menor San Paio e Colexio Maristas Sta. María. Con esta película traballaron sobre valores como aceptación, amizade, igualdade, inclusión, respecto, superación, comprensión, liberdade, empatía, amor, lealdade, coraxe ou dignidade.
Dende o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui, levan anos traballando co cinema coma ferramenta ante o atractivo que ten para o público obxectivo do programa: a mocidade. A través da proxección dunha película preséntase a oportunidade de captar a atención dos máis novos, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.
A metodoloxía empregada plantexa que o alumnado traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilitará, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía, xa que o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude para implementar todo iso, e pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente