Sabela Landín 30/11/2022

Hoxe tivo lugar a celebración da terceira Mesa da Saúde de Mos. Esta terceira edición estivo formada pola alcaldesa Nidia Arévalo, a Concelleira de educación, Julia Loureiro; a Concelleira de política Social, Sara Cebreiro; a educadora municipal, Alba Bugarin; persoal sanitario, persoal docente, persoal de emerxencias, monitores deportivos e persoal do Centro Esclavas Virxe Dolorosa.

Do centro de saúde de Mos, estiveron presentes as enfermeiras de familia e atención comunitaria; Lorena Comesaña,
Inés Alonso e María Insua, que presentaron dous novos programas a poñer en marcha: a “Semana da saúde” no IES de Mos para o ano 2023 e o programa “Receita de actividade física” dirixido a toda a veciñanza e poñendo en valor a importancia do deporte vinculado á saúde. Os temas relacionados cos centros educativos tiveron gran protagonismo nesta xornada, facendo evaluación do “Obradoiro de Primeiros Auxilios” dirixido a docentes que tivo lugar durante este curso con un balance moi positivo do mesmo, e puxéronse sobre a mesa novas propostas de mellora.

Outra avaliación importante con resultados moi positivos foi a do “Obradoiro de Almorzos Saudables 2022” da que tamén sairon novas propostas de mellora de cara ao curso 2023.

Outros puntos tratados na mesa foron: o balance e as conclusións do “Obradoiro Sexual Afectivo que se desenvolveu no centro Esclavas Virxe Dolorosa”, o balance e propostas de mellora do “obradoiro de infeccións de Transmisión Sexual eAnticoncepción” que se desenvolveu  no IES de Mos con gran participación do alumnado.

Por último tratouse a avaliación do “Obradoiro de Chan Pélvico” que se levou a cabo no pazo de Mos, con gran afluencia e que a todos os membros da mesa lles pareceu de suma importancia que se volva a repetir.
Esta foi unha xornada moi productiva de cara a mellorar a saúde e o estado físico de diferentes colectivos da nosa da nosa comunidade.

Sobre a Mesa de hoxe que aglutinou a tan diferentes colectivos municipais relacionados coa saúde, a rexedora local mosense declarou que “que traballemos da man faise especialmente importante e necesiario nun momento no que é fundamental fomentar bos hábitos de vida e alimentación saudables  entre a poboación, polo que felicito e doulle novamente as grazas ao persoal do Centro de Saúde que tivo a iniciativa da primeira mesa e que están totalmente volcadas no noso concello e cos seus pacientes”. Durante a celebración da Mesa plantexáronse e paníficaronse actividades a levar a cabo cos diferentes colectivos (escolares, adolescentes, mediana idade e maiores) por parte das enfermeiras.

Os obxectivos desta Mesa son sempre dar a coñecer aos principais activos comunitarios, a iniciativa de crear un espazo que se converta nunha ferramenta clave de participación que permita coñecer as necesidades sentidas dos cidadáns, organizacións e institucións locais e que a través da coordinación desenvólvanse intervencións comunitarias que dean resposta a estas demandas mellorando a calidade de vida da poboación mosense. Facilitar o contacto, comunicación e coordinación intersectorial no municipio. Crear sinerxias entre os diferentes actores do territorio optimizando os recursos da comunidade. Visualización das fortalezas e debilidades do territorio. Promover a saúde e o benestar social, potenciando a capacidade das persoas e grupos para a abordaxe dos seus problemas, demandas e necesidades.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad