Sabela Landín 24/11/2022

A Marcha Mundial das Mulleres na Louriña convoca a toda a cidadadía da comarca e arredores a marchar polas rúas do Porriño para denunciar as violencias contra as mulleres.

Nesta ocasión céntramos nas violencias sexuais, pero sen esquecermos as outras violencias das que somos alvo polo simple feito de sermos mulleres.

O noso lema é “Se o presente é loita, o futuro será libre”, porque, aínda sendo conscientes do moito que queda para erradicar o machismo da nosa sociedade, somos optimistas co futuro. Foron xa moitos os obxectivos alcanzados e os que quedan tamén o serán, independentemente do tempo que nos leve logralos.

A manifestación terá lugar ás 20h de mañá venres dende a rúa paralela á praza do Concello do Porriño

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad