Será o vindeiro domingo, ás 17.00 horas, no Multiusos das Pozas
A AECC de Mos organiza o Festival Solidario ‘Por Elas, Por Eles’, que se celebrará no Multiusos das Pozas o vindeiro 13 de novembro desde as 17.00 horas.
O festival contará coas actuacións desinteresadas do Playback da Asociación Cultural de Guizán, o Playback da Asociación Cultural Veciñal de Celado, Ana Belén Rodríguez García, e dos alumnos da bailarina Patricia Martínez.
A gala será presentada polas Maimiñas e durante a mesma realizarase unha tómbola benéfica con rifas a 1 euro.