Sthela Táboas 09/11/2022

Trátase dun edificio mosense do século XV que está  catalogado como Ben de Interese Cultural

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou hoxe o inminente inicio dunha nova fase na rehabilitación da antiga Casa Reitoral de Petelos. Os traballos comezarán a vindeira semana e son financiados ao 100% pola Xunta de Galicia, que inviste un total de 300.000 € na obra.

Con esta nova actuación completarase a rehabilitación da Reitoral, catalogada como Ben de Interese Cultural de Galicia, e dotarase ao edificio de novos usos, grazas á posta en funcionamento de dúas naves situadas ao este e oeste da zona xa rehabilitada, sumando aproximadamente 225 m2.

Para esta nova fase de recuperación do inmoble a administración autonomic asinou un convenio de colaboración co Concello de Mos, segundo explicou a rexedora local mosense, Nidia Arévalo. “A antiga Casa Reitoral de Petelos é un dos edificios máis salientables do noso concello e un dos máis de 700 bens de interese cultural galegos”, destacou Arévalo, quen agradeceu “a achega de 300.000 € do Goberno autonómico, que supón o 100% do investimento para as novas actuacións previstas para esta edificación, na que se acometerá unha rehabilitación dotándoa de novos usos”.

As actuacións previstas enmárcanse no traballo do Goberno galego por velar pola conservación e rehabilitación do Patrimonio Galego.

Así, xa finalizadas as obras na torre medieval e a edificación anexa, vai seseguir agora coa posta en funcionamento de dúas naves situadas ao este e ao oeste, nos extremos das zonas onde xa se actuou e darase continuidade ao programa de necesidades que se pretende para o conxunto, sumando aproximadamente 225 m2. Esta intervención incluirá a solución da cuberta, que implicará o desmonte de parte da xa rehabilitada e crear un novo encontro coa nave e a ala a rehabilitar. Entre outras accións, consolidaranse e completaranse os muros existents e a creación da estrutura intermedia, así como a da cuberta, e remate total da envolvente.

Deste xeito, a Xunta dota de novos usos este edificio emblemático. O proxecto de rehabilitación da Antiga Casa Reitoral de Petelos, foi froito dun convenio entre a Diocese de Tui-Vigo (propietaria do edificio e dos terreos circundantes) e o Concello de Mos para dotarse de novos usos. En base a ese convenio leváronse a cabo as obras de rehabilitación parcial do conxunto das edificacións, obras realizadas en dúas fases, pero faltaba a rehabilitación total, que se conseguirá con estas novas actuacións.

Do século XV

A antiga Casa Reitoral de Petelos é un dos edificios de máis valía patrimonial do concello de Mos. Datada do século XV e de estilogótico, é un ben cultural catalogado polo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Por conserver restos dunha antiga torre fortificada, é un ben propio da arquitectura defensive coa consideración de BIC (Ben de Interese Cultural).

De planta rectangular, o edificio principal amosa adosada unha torre de tres alturas. Tamén presenta un balcón voado no andar máis elevado e orientado ao sur. A fachada do edificio está enmarcada entre pilastras de orde dórica que ocupan os ángulos da edificación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad