Son un total de 14 alumnos os que cursan esta modalidade ofertada por primeira vez en Galicia
O Centro Tecnolóxico do Granito acolleu onte unha reunión de traballo entre o Concello do Porriño, a Xunta de Galicia, o IES Ribeira do Louro e o Clúster do Granito para valorar e tratar posibles melloras no recén implementado ciclo de grao medio de Pedra natural na modalidade Dual, que se desenvolve no instituto porriñés.
Na mesma participaron o Alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, acompañado por persoal técnico, o coordinador do Consello Directivo da FCTG, José Ángel Lorenzo, a concelleira de Educación, Carolina González, e a directora do IES Ribeira do Louro, Juana Muñoz.
Neste primeiro curso están matriculados 14 alumn@s, que se forman na modalidade dual dentro da familia profesional das Industrias Extractivas, dando resposta ás necesidades de formación de novos profesionais trasmitidas polo Cluster do Granito.