A subvención á agrupación de voluntarios aumenta en 10.000 €
O concelleiro de Seguridade Cidadá do Concello do Porriño, Abel Estévez, informou sobre o aumento a 40.000 € da achega coa que se dota á Asociación de Voluntarios de Protección Civil, que dende hai máis de 10 anos disponía de 30.000 €, sendo insuficiente para manter o correcto funcionamento da mesma, pois “co incremento do custe do material de emerxencias e do combustible neste momento a axuda que recibían non cubre as súas necesidades”.
Este aumento sufraga o material e medios que precisan para desenvolver as súas funcións nos operativos de prevención e auxilio en situacións de emerxencia.
O alcalde porriñés, Alejandro Lorenzo, salienta o traballo d@s voluntari@s “son vitais para á cidadanía do Porriño e é o noso deber facilitar o seu labor e dotalos dos medios que necesiten”.