O proxecto conta cunha subvención da Xunta de Galicia de 129.000 € e duplicará a súa capacidade actual
O Concello do Porriño anunciou a ampliación do punto limpo municipal, actualmente ubicado no polígono industrial de A Granxa, que suporá unha inversión total de 144.000 €.
No marco das axudas a actuacións en materia de recollida de residuos especiais, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia concedeu ao Concello do Porriño unha subvención de 129.000 € para estas actuacións.
A concelleira de Medio Ambiente e Urbanismo, Antía Carrera, explicou que esta ampliación “permitiría asumir posibles residuos que sexan autorizados no futuro”.
Deste xeito, contémplase unha ampliación de 2000 m2 de superficie na cara norte xunto con outros 300 m2 para un novo acceso de vehículos dende a vía pública, polo que quedaría liberado o espacio ocupado actualmente por contenedores nas plataformas de circulación, facilitando as manobras dos vehículos pesados e aumentando case ao dobre a capacidade de residuos a tratar ou almacenar.
Neste novo espacio construiríase tamén unha ampliación da plataforma elevada e unha nova plataforma inferior de manobras, aumentando o volumen almacenable actual de residuos xa autorizados e para a recolllida futura de novos tipos de residuos.