Sthela Táboas 03/11/2022

Teresa Palacín e Telmo Pereiro son os veciños do barrio que este ano serán nomeados Dama e Cabaleiro do Calacú

A Noite do Calacú remontase aos anos 50-60, unha tradición que foi retomada polos veciños do barrio no ano 2004 e que, na actualidade, chega a súa XVII edición organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián.

Esta festa que se dará cita o sábado 5 de novembro no paseo de San Benito, conta coa colaboración do Concello do Porriño, a Deputación de Pontevedra e de establecementos comerciais do barrio.

Deste xeito, os nen@s poderán decorar as súas cabazas no obradoiro de calacús, dende as 17.00 ata as 19.00 h; para dar paso a continuación ao esperado momento no que serán nomeados a Dama e Cabaleiro do Calacú, títulos que este ano van parar aos veciñ@s Teresa Palacín e Telmo Pereiro.

Cos recén proclamados á cabeza, ás 20.00 h dará comezo o desfile do Gran Calacú, seguido dun gran magosto no que tamén haberá chocolate con churros, con animación, música e  charanga. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad