O temporal da pasada fin de semana afectou ao alumbrado público, semáforos, alcantarillado e ao firme dalgunhas vías onde xurdiron socavóns
O persoal do Concello está a traballar para solucionar os desperfectos coa maior rapidez posible
Operarios municipais atenderon os últimos días decenas de incidencias provocadas pola treboada da pasada fin de semana, que afectou ao alumbrado público, semáforos, alcantarillado e ao firme dalgunhas vías onde xurdiron socavóns.
O temporal, que a madrugada do sábado viu acompañado de tormenta eléctrica, fundiu máis de medio centenar de lámpadas LED que están a ser repostas coa maior prontitude. Afectou tamén a varios semáforos do centro urbano: no cruce de Antonio Palacios coas rúas Cruceiro e Tarela, na avda. Domingo Bueno fronte ao parque infantil e na rúa Antonio Palacios na contorna do instituto.
Tamén se rexistraron seis caídas de árbores sobre viais e anegáronse varias zona.
O persoal do Concello están a traballar para solucionar os desperfectos con rapidez posible.