Sabela Landín 25/10/2022

Mañá mércores, 26 de outubro, ás 12.30 horas, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación do Cross Escolar do Baixo Miño, organizado pola Agrupación Deportiva do Baixo Miño (AGRUDEBAM), en colaboración co servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, co Concello de Tui e coa Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui. Aínda que estaba previsto para esta semana, debido ás previsións de choiva, adíase para o xoves 3 e venres 4 de novembro, en horario lectivo, na ribeira de Caldelas de Tui. Participarán ao redor de 1.500 escolares de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria e 1º e 2º de ESO.

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, a concelleira de Educación de Tui, Sonsoles Vicente, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Comunidade de Montes de Caldelas, Pablo Rebellado, así como o presidente de Agrudebam, Alfonso Lorenzo.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad