Sthela Táboas 25/10/2022

O espectáculo de Tanxarina Títeres será ás 19.30 h no Teatro Municipal con prezos de 4 € e 3 € , entradas dispoñibles en www.tui.gal

A obra codirixida por Cándido Pazó ‘A cazola de Lola’, representarase no Teatro Municipal de Tui este venres 28 de outubro, ás 19.30 h, da man de Tanxarina Títeres con esta obra de teatro xestual dirixida ao público familiar.

Eduardo Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez son os tres artistas que dan vida aos monicreques de Tanxarina, e son tamén eles os que subirán ao Teatro de Tui para achegar ao públicoa historia de Lola.

Lola sempre arrastra un cazo atrás dela. O cazo caeulle un día enriba, e non sabe moi ben por que. Por causa deste incidente, Lola xa non é de todo como os demais. Precisa de moito agarimo, é moi sensible e ten un gran sentido artístico. A miúdo as persoas só ven nela ese cazo que arrastra por todas partes, atópano raro e, ademais, o seu cazo complícalle a vida. Afortunadamente, existen persoas marabillosas, só fai falta dar cunha delas.

Cunha duración de 50 minutos, ‘A cazola de Lola’ está recomendada para maiores de 3 anos. As entradas oscilan os prezos de 4 e 3 euros, este último coa tarifa reducida presentando o documento acreditativo de carné xove, carné de estudante, da Biblioteca de Tui, familia numerosa, carné de discapacidade, desemprego ou xubilación e menores de 12 anos. Poden mercarse en tui.gal até media hora antes do inicio da función.

Toda a información deste outono de teatro en Tui pódese consultar na www.tui.gal e nas redes sociais do Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad