Sthela Táboas 24/10/2022

Os proxectos galardoados afondan por un lado na importancia do acompañamento infantil nestes centros así como na atención ao colectivo de maior idade con iniciativas como achegar o servizo de préstamo en furgoneta en contornos rurais

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo entregou o Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia 2022 no marco da 4ª Xornada de Bibliotecas Públicas, celebrada no Gaiás. Nesta ocasión foron recoñecidos os proxectos da Biblioteca Municipal do Concello do Porriño por ‘Acompañando na aventura de crecer: xornadas para familias e profesionais’,na categoría de entidades locais con máis de 10.000 habitantes, e a Biblioteca Municipal Luís Seoane do Concello de Soutomaior pola iniciativa ‘Bibliofogar 2021-2022’, na categoría entidade local cunha poboación de ata 10.000 habitantes.

En concreto, no caso da do Porriño, valorouse que se puxese o foco nas familias e no servizo de acompañamento infantil na propia biblioteca a través dunhas xornadas de conferencias arredor da crianza co apoio de profesionais de centros educativos locais, entre outros. No caso da iniciativa de Soutomaior foi valorada pola súa vontade de innovación á hora de aplicar novas formas de achegarse aos usuarios, especialmente aos máis maiores coa posta en marcha dunha furgoneta para achegar o servizo aos veciños, a entrega de libros a domicilio e a implicación de distintas asociacións e centros sociais.

Coincidindo co Día das Bibliotecas, a Xunta de Galicia  entregou estes premios no marco do foro de encontro e debate no que participaron, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, máis de 100 persoas. Baixo o título ‘A biblioteca pública, unha personalidade creativa’, a xornada centrou a ollada na creatividade para que os profesionais da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia compartan experiencias e proxectos orientados a propiciar a actividade creadora entre o público infantil e adulto. Ademais, puxéronse en común recursos creativos para a xeración de contidos e a difusión das oportunidades que ofrece a biblioteca, abrindo novas ventás para a atracción e a participación dos usuarios e usuarias.

Neste senso, o director xeral de Culturadestacou “o gran traballo que se está a facer nas bibliotecasdesde unha perspectiva creativa, de moita utilidade para todo tipo de persoas usuarias, xa que estas entidades son lugares onde se debe alimentaracuriosidade e facilitar a investigación”. 

Ademais, durante os actos da xornada, Anxo M. Lorenzo recordou que este é “un ano moi especial porque realizamos o segundo mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia, que supón unha radiografía clara da realidade do sistema bibliotecario galego con máis de trinta indicadores”.

O programa desta 4ª Xornada de Bibliotecas Públicas de Galicia complétase pola tarde con tres obradoiros creativos enfocados na dinamización da poesía nas bibliotecas, na creación dun Escape Room dixital para estas entidades e na elaboración dun podcasting literario.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad