Sabela Landín 19/10/2022

O alumnado traballará a prevención a partir do tema dos filmes

Mañá comeza unha nova temporada do programa Cine nas Aulas, na que participará un total de 166 alumnos e alumnas e 8 profesores e profesoras de 5º e 6º de Primaria. Os centros convidados nesta primeira proxección son o CEIP de Pazos de Reis, o CEIP Nº2 e o Colexio Maristas Santa María.

Con esta película traballarase cos mozos e mozas sobre a comprensión e análise do propio filme, sobre os medos racionais e irracionais, as emocións, o autocoñecemento e sobre unha alimentación saudable.

A metodoloxía deste programa, Cine nas Aulas, é que o alumnado traballe o tema da prevención a partir dos filmes, tendo en conta o atractivo que estes espertan nos mozos e mozas aos que vai dirixido. Neste caso non debe ser entendido como un mero divertimento, senón como a oportunidade de captar a atención dos máis novos e novas, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.

Todo o material complementario que se lles facilitará dende o departamento de Prevención e Drogodependencias dos Servizos Sociais do Concello, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía. Dende este departamento, consideran que “o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude  que nos pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad