As actividades formativas ofertadas son a do ‘Programa de reforzo educativo para a obtención do título da ESO para adultos’ e un curso de ‘Comunicación empresarial en inglés‘
A UNED Pontevedra-Aula Universitaria do Porriño, ubicada na primeira planta do Multiusos de Torneiros anuncia a apertura da inscrición para dous cursos, un xa existente anteriormente na vila e o outro de grande interese empresarial.
Por unha banda o “Programa de reforzo educativo para a obtención do título de ESO para adultos” dirixido a maiores de 18 anos que non dispoñan desta titulación, no que se ofrece formación presencial nas materias incluidas na proba: científico-tecnolóxico, comunicación e social. As xornadas lectivas presenciais serán de martes a venres de 18.00 h a 21.00 h e os sábados de 10.00 h a 13.00 h, dende o 25 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023. A matrícula ten un coste de 40 €, aínda que será gratuita para @s participantes empadroad@s no Porriño.
A segunda das accións formativas que propón a Aula UNED no Porriño é un curso de “Comunicación Empresarial en Inglés”, dirixido a a persoas cun nivel da lingua xeral de partida, preferiblemente, igual ou superior a B1; na que se ofrecerán coñecementos comunicativos verbais e non verbais en inglés, coas opcións de presencial ou online -en directo ou en diferido- de xeito que os seus participantes alcancen habilidades comunicativas socioprofesionais internacionais. O curso -de 40 horas lectivas e 2 créditos ECTS- desenvolverase en horario de tarde, dende o 28 de outubro do 2022 ao 17 de febreiro de 2023, e a matrícula ten un prezo de 80 €.
Os interesados poden obter máis información no tlf. 986 851 850 ou no enderezo electrónico negociadodealumnos@pontevedra.uned.es