Sabela Landín 14/10/2022

O que constitúe unha mellora enerxética  importante.

Debido a que a EDAR de PETELOS ten unha serie de deficiencias que impiden un tratamento adecuado e que os gastos enerxéticos e de mantemento non están xustificados polo grao de depuración realizado, o Consorcio de Augas do Louro, licitou recentemente a obra para anulala e executar un pozo de bombeo para que, mediante un tubo de impulsión de PEAD de 180 mm de diámetro e 685 metros de lonxitude, permita enviar a auga residual que actualmente chega á depuradora, á rede de saneamento existente.

O pozo de bombeo realízase en formigón armado de dimensións interiores en planta 3,70 m por 4,00 m e 4,0 m de profundidade. O espesor das paredes é de 0,40 m. As dimensións interiores da cámara de chaves anexa son de 1,9 m por 2,3 m e 2,75 m de altura interior. Dentro do pozo de bombeo disporanse dúas bombas capaces de elevar, individualmente, un caudal de 22,3 l/s a unha altura de 6m.c.a. O sistema de funcionamento será mediante 2 bombas (1+1) e a regulación da velocidade das bombas con variadores de frecuencia para que o réxime de impulsión sexa o máis regular e laminar posible. Contará cun cestón de grosos e un aliviador con válvula antirretorno.

O prazo estimado das obras son 6 meses e o orzamento con IVE incluído ascende a 140.405,00€.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad