Sthela Táboas 13/10/2022

Participaron do mesmo o Concello do Porriño,  EUC de A Granxa, AE As Gándaras, Acipor e Xunta de Galicia -a través de IGAPE e INEGA- así coma unha vintena de empresas porriñesas

O Centro de Iniciativa Empresarial A Granxa acolleu o pasado luns o networking que o Concello do Porriño e a Xunta de Galicia organizou para o empresariado porriñés, co obxectivo de afondar nas axudas do Instituto Galego de Promoción Económica –IGAPE- e Instituto Enerxético de Galicia –INEGA- e nas posibilidades que estas ofrecen para mellorar a competitividade do tecido empresarial do Porriño.

No encontro presidido polo presidente da EUC A Granxa, Indalecio Cuevas, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, interviñeron o director xeral do IGAPE, Fernando Guldrís, e o director do departamento de Enerxía do INEGA, Juan Rodríguez.  

As axudas do IGAPE están dirixidas á creación, consolidación e crecemento dun proxecto; así coma o apoio de actividades que contribúan á mellora do tecido empresarial galego, impulsando o financiamento, a competitividade, a captación e a innovación tecnolóxica.

As axudas do INEGA refírense ao impulso do aforro e eficiencia enerxética, así como ao emprego de enerxías renovables nos distintos sectores económicos de Galicia.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad