Na mañá de hoxe o Conselleiro de Cultura Román Rodríguez acompañado da Alcaldesa de Mos, Nidia Mª Arévalo acudiu no CEIP PENA DE FRANCIA á presentación do proxecto Radioemoción , proxecto impulsado pola Asociación Ondiñas de Radio e Podcast de Galicia dentro das actividades do noventa aniversario da primeira emisión de radio en Galicia
A presentación que tivo lugar esta mañá, iniciouse coa visita á exposición itinerante conmemorativa do proxecto para despois iniciar a emisión do programa de radio na que é fundamental a participación do alumnado do colexio. Formulando as preguntas aos entrevistados entre os que se atopaban o Conselleiro de Educación, a Alcaldesa de Mos, Francisco Domínguez Xerente da Asociación de Empresarios de Mos, o músico Xulio Lorenzo, autor da música do himno de Mos así como os autores da letra do himno Antonio Barreos i Alma. Tamén participou no programa a florista mosense Noelia Sías concluíndo coa entrevista da directora do Ceip Pena de Francia Elisa María Fernández Guisande.
Este proxecto conta coa colaboración da cadena Sí Radio de Galicia e a Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria. E estase a desenvolver nos colexios públicos de 34 concellos da provincia de Pontevedra