Sthela Táboas 03/10/2022

Os 2º e 3º postos foron para o mosense Iker Faure e a porriñesa Lucía Samoelle respectivamente e o gañador da categoría infantil Xavi Arós

Este domingo celebrouse no Porriño a final do concurso musical Tes Talento?, á que chegaron 12 participantes tras superar as dúas semifinais.

O xurado, formado por Carlos Tresandí, Bienvenido Estévez, Carla Lourdes, Miriam Rodríguez e Felix da Silva, destacou a calidade artística de todas as propostas; pero finalmente foi a porriñesa Noemí Fernández a gañadora desta edición, cun 1º premio de 500 € máis a grabación dun tema.

Noemí realizou unha interpretación maxistral do tema de Dreamgirls “One night only”, e tal como destacou o voceiro do xurado, Carlos Tresandí “todas as voces que escoitamos eran marabillosas, pero a de Noemí preponderaba sobre as demais e emocionounos a todos nas súas dúas intervencións”. 

O 2º posto foi para o mosense Iker Faure, que conquistou ao público e xurado co tema da súa autoría “Hasta que tú quieras”; e en 3º posición a porriñesa Lucía Samoelle coa  persoal interpretación de “La despedida”.

Na modalidade infantil o gañador foi Xavi Arós, que se impuxo ao resto dos participantes coa súa interpretación do tema “SloMo”. En segundo lugar o grupo ‘Generación M’ formado por Antón Pedreira, Fabio Ocampo, Javier Muíños e Mateo Pallares, que brillaron con “Miña Terra Galega”. O 3º posto foi para Nora Rivas, que interpretou “The one that got away”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad