Sthela Táboas 30/09/2022

Este servicio percorrerá as parroquias e o barrio de Carracido de luns a venres e en horarios alternos de mañá e tarde, sendo a primeira quenda a de O Porriño este luns de 16.00 h a 19.00 h no Salón de Plenos do Concello

Dende a vindeira semana, o Concello do Porriño pon en marcha a oficina de información e tramitación catastral que se instalará nas diferentes parroquias do municipio, en resposta á información que a cidadanía demanda tras recibir os recibos de pago das cuotas do IBI, resultantes da revisión da valoración catastral levada a cabo no ano 2020 polo Catastro (Ministerio de Facenda).

O servizo, prestarase en horarios de tarde ou de mañá alternadamente, percorrendo as parroquias para ofrecer asesoría e facilidade cos trámites á veciñanza.

As dúas primeiras quendas para cada parroquia son as que siguen:

O Porriño  (Salón de plenos do Concello): Luns 3 de outubro de 16.00 h-19.00 h / Mércores 12 de outubro de 11.00 h-14.00 h

Torneiros (Multiusos): Martes 4 de outubro de 16.00 h-19.00 h / Xoves 13 de outubro de 11.00 h-14.00 h

Atios (Centro Cultural): Mércores 5 de outubro de 16.00 h-19.00 h / Venres 14 de outubro de 11.00 h-14.00 h

Pontellas (Centro Cultural): Xoves 6 de outubro de 16.00 h-19.00 h / Luns 17 de outubro de 11.00 h-14.00 h

Budiño (Centro Cultural A Forna): Venres 7 de outubro de 16.00 h-19.00 h / Martes 18 de outubro de 11.00 h-14.00 h

Chenlo (Centro Cultural): Luns 10 de outubro de 16.00 h-19.00 h / Mércores 19 de outubro de 11.00 h-14.00 h

Carracido (Centro Culrual As Mimosas): Martes 11 de outubro de 16.00 h-19.00 h / Xoves 20 de outubro de 11.00 h-14.00 h

As vindeiras quendas publicaranse nos centros culturais das parroquias e informarase nas redes sociais e páxina web do Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad