Sthela Táboas 22/09/2022

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño presentou este mércores a terceira edición da súa campaña de sensibilización no espazo coworking Tribu

Eurural quere darlle máis voz aos profesionais que cos seus produtos e servizos transforman o rural e concienciar á sociedade para apoiar a economía local, por iso onte, varios representantes de diferentes municipios que forman parte da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural, acudiron ao espazo coworking Tribu para presentar a nova edición da súa campaña “Parte de ti”, campaña de concienciación baseada nas historias dos proxectos que se están levando a cabo no rural.

O espazo Tribu Coworking, sito na Rúa progreso do Porriño, é un espazo de aluguer no que os emprendedores poden contar con distintos sevizos, tal como nos comentou a súa creadora Nerea Gonçalves.

A presentación contou coa intervención de Moisés Blanco Paradelo, subdirector de relación cos GDR da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural AGADER, pertencente á Consellería do Medio Rural (Xunta de Galicia); o alcalde de O Porriño,  Alejandro Lorenzo;  a alcaldesa de Tomiño e presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural, Sandra González; o Representante Institucional do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño e Alcalde de Nigrán Juan González, e un dos produtores que forman parte da campaña, Simón Ubeira, quen falou da súa experiencia levando a cabo o seu proxecto, O Alcouve da Moura, cuxo vídeo abríu a campaña e foi proxectado na presentación.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad