A instalación volverá a acoller os adestramentos do Club Kaiak Tudense tralas obras de remodelación subvencionadas polo CSD
Mañá mércores, 21 de setembro, ás 11.30 h, terá lugar a inauguración do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, tralas obras de remodelación realizadas na instalación, subvencionadas polo Consejo Superior de Deportes, CSD. O centro volverá acoller de novo os adestramentos do Club Kaiak Tudense.
Mañá estarán presentes no acto inaugural o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente do CSD, José Manuel Franco, a subdelegada de goberno en Pontevedra, Maica Larriba, o deputado da Deputación de Pontevedra, Carlos López, xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, o comandante naval do Miño, Pablo Redondo, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Javier Hernánz, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, o presidente do Club Kaiak Tudense, Diego Piña, o medallista olímpico Quique Míguez, acompañados por concelleiros e concelleiras de Tui, polos expresidentes do Club Kaiak Tudense e padeeiros e padeeiras do club.