O CIM mosense quere formentar a colaboración da cidadanía para previr agresións con esta campaña que forma voluntarios para os puntos lila
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, informan de que o Centro de Información á Muller, CIM de Mos, pon en marcha un programa de formación destinado a sensibilizar á xuventude en igualdade e violencia de xénero.
O obxetivo é crear un grupo de voluntarios que colaborarán co CIM nas campañas que este realiza durante todo o ano, especialmente colaborando nos “puntos lila” que o Concello instala nas festas, verbenas, concertos, festivais e diferentes actividades culturais e iniciativas varias de lecer; pois durante este verán instaláronse puntos lila en actividades e eventos celebrados no municipio.
Co lema “EstaMos de festa pero non todo vale” esta campaña xurde a raíz do aumento de agresiónssexuais en xóvenes consecuencia da sumisión química que nos últimos meses veñenacontecendo.
@s interesad@s poden inscribirse a través do formulario “punto lila”, que atoparán na páxina web do Concello.
Unha vez inscritos, o persoal do CIM porase en contacto con eles para informarlles dos detalles da xornada formativa entre as profesionais e os voluntarios, que terá lugar o sábado día 8 de outubro de 10:30 h a 13:30 h, na Axencia de Colocación de Mos. Consistirá nun almorzo e netwokking seguido de formación en igualdade e xénero, na que se impartirán conceptos básicos na atención e sensibilización a usuarias vítimas de violencia machista e situación de vulnerabilidade.
Para máis información, @s interesad@s poden poñerse en contacto copersoal do CIM a través do teléfono 673 069 866 ou do correo electrónico cimxuridica@concellomos.es
Dende a súa creación en 2017, o CIM de Mos conta co apoio incondicional da Xunta de Galicia e dispón de tres traballadoras: a directora -que é a educadora municipal-, unha psicóloga e unha avogada. Ás suas instalacións atópanse ubicadas nos baixos do edificio municipal que alberga as dependencias de Urbanismo e o horario é o seguinte: atención psicolóxica os luns e mércores, de 09.00 h a 14.00 h; e a atención xurídica os martes e venres de 09.00 h a 14.00 h e os xoves de 15.30 h a 20.30 h, de xeito que o centro está aberto tódolos días da semana de luns a venres.
O teléfono para pedir cita para o CIM é o mesmo que o do departamento municipal de Servizos Sociais, o 986 337 278.