Sthela Táboas 17/09/2022

Organizada polo CPA Rosaleira de Mos e a Federación Galega de Patinaxe, celebrarase esta fin de semana no Pavillón Óscar Pereiro

O Clube de Patinaxe Artística Rosaleira de Mos e a Federación Galega de Patinaxe organizan esta fin de semana a II Fase Categoría Rexional de Patinaxe Artística, que foi presentada esta semana no salón de Sesións do Concello de Mos polo coordinador de deporte escolar en Vigo, José Manuel Freire Piñeiro; o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal; e a coordinadora deportiva do CPA Rosaleira, Beatriz Fernández Bahamonde.

O Pavillón Óscar Pereiro acollerá esta II Fase da Categoría Rexional durante todo o día de hoxe e mañán domingo, en horario de 09.00 h a 21.00 h.

Participarán un total de 175 patinadores e patinadoras procedentes de clubes de toda Galicia e de categorías desde benxamín a categoría absoluta con idades comprendidas desde os 6-7 anos ata os 19-20 anos.

Con esta II Fase Rexional a patinaxe artística mosense e galega continúa a súa tempada deportiva tras o descanso estival con moita forza e ganas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad