Sthela Táboas 17/06/2022

Será o vindeiro domingo durante todo o día no Campo de Fútbol de Cototorrón e xa conta con máis de 60 persoas inscritas con plazo para facelo ata hoxe

I Torneo Fútbol a Pé Concello de Mos

Será o vindeiro domingo durante todo o día no Campo de Fútbol de Cototorrón e xa conta con máis de 60 persoas inscritas con plazo para facelo ata hoxe

Esta xoves presentouse no Concello de Mos o I Torneo Fútbol a Pé, incluído na programación da Festa da Rosa 2022, que se desenvolverá durante todo o día, de 10.00 a 21.00 h, o vindeiro domingo 19 de xuño, no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro Tameiga.

Na organización deste evento deportivo están implicados o Concello de Mos, o Club Louro Tameiga, Fútbol a Pé e a Real Federación Galega de Fútbol.

Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, José Areal; director do proxecto ‘Fútbol a Pé’, José María Rial Chapela; o coordinador de zona do proxecto, Manuel Núñez; e a vicepresidenta do Club Louro Tameiga, Rosana Rodríguez Carrera.

Este Torneo forma parte dun circuito que se está a facer por toda a Área. O 1º Torneo foi en Cangas o domingo pasado. O 2º é o vindeiro domingo en Mos e os seguintes en Pontevedra, Sanxenxo e Gondomar.

Os obxectivos son promocionar este deporte interxeracional, cero competitivo e cun carácter íntegramente lúdico, para que o gran público o coñeza e se anime a practicalo de cara á vindeira tempada 2022-2023; pero sobre todo, que os participantes o pasen ben.

A inscrición é totalmente gratuita e pode realizarse ata hoxe por correo electrónico no enderezo futbolapie@gmail.com, ou telefónicamente por whatsapp no número 610 70 44 50. Desde Fútbol a Pé encargaranse de formar os equipos do xeito máis equilibrado posible, sen carácter competitivo. A día de hoxe xa contan con máis de 60 persoas inscritas.

Trátase dunha inscrición aberta ao público en xeral de todas as idades, xa que será una xornada de convivenza na que poden participar avós, netos, país, fillos…

Ao mediodía farase un xantar de confraternidade na cafetería do Campo de Fútbol de Cototorrón.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad