@s veciñ@s interesad@s en colaborar nos preparativos, poden solicitar máis información no teléfono do Concello
O vindeiro domingo 19 celébrase o Corpus e un grupo de voluntarias da Asociación de Amas de casa, Consumidores e usuarios Rosais, xa están a preparar o material para as alfombras florais que adornarán a rúa.
Dende o ano 1994, comezou esta tradición no municipio porriñés, sempre da man d@s veciñ@s que participaban con moito agarimo na montaxe dos mantos florais que engalanan a rúa da noite do Corpus na vila.
É un traballo laborioso e a contrareloxo, pola caducidade dalgúns materiais empregados como as rosas, as hortensias ou as mimosas, ademáis de area, serrín, madeira ou árnica; para ter disposto todo para a madrugada do domingo.
Por iso, animan @s veciñ@s a que se sumen como voluntari@s, como xa fan Ángeles, Chelo, María, Adela, Chiruca ou Rosa que reparten o traballo entre esfollar flores e tinguir o serrín para dar cor aos debuxos deseñados previamente. Aqueles interesad@s en colaborar nos preparativos, poden ponerse en contacto no tlf. do Concello.