
Os pregoeiros foron Antonio Barros e Ialma, os gañadores do concurso que lle pon letra ao himno
Os gañadores do concurso de rosas foron os nenos da parroquia de Mos, Marcos Pazos e Emma Verguela
O Día da Rosa con máis forza que nunca, incluso con maior participación de ramos que en edicións anteriores á pandemia. Fíxoo ademáis co solemne acto de presentación da letra do Himno Municipal, Alborada Camiño da Rosa, composta por Xulio Lorenzo. A devandita letra é autoría de Antonio Barros e Ialma, gañadores do concurso de composición da letra.
Tamén tiveron o seu lugar e recoñecemento polo gran traballo realizado os outros 5 concursantes: Roi García Lorenzo, Rubén Campo Gil, Gonzalo Otero Lago, José Rodríguez Conde e Albino Rodríguez Cambeiro.

A xornada comezou ás 11.00 h da mañá coa Misa Solemne cantada pola Coral Ventos do Val e con saída da cerimonia amenizada musicalmente polo grupo de gaitas Ruada de Torroso.
A continuación, deu paso ao pregón a cargo dos gañadores do concurso da letra do himno, o SecreterioXeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. Taménestiverpon presentes outras autoridades autonómicas como a Delegada Territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias e o Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, que pechou o acto.
Tras o pregón chegou a entrega de premios dos dous clásicos concursos do Día da Rosa: de rosas e de empanadas de pan de millo.
Os premios do concurso de rosas por parroquias foron:
Mellores rosas de Sanguiñeda: Nº 4 Mercedes Cabaleiro.
Mellores rosas de Tameiga: Nº 1 Genaro Rodríguez.
Mellores rosas de Dornelas: Nº 12 Dorita Leirós.
Mellores rosas de Torroso: Nº 16 María Romero.
Mellores rosas de Mos: Nº 5 Marcos Pazos e Emma Verguela.
Mellores rosas de Petelos: Nº 23 Rosana Campos.
Mellores rosas de Guizán: Nº 6 Sita.
Mellores rosas de Cela: Nº 4 Evaristo Ucha.
Mellores rosas de Pereiras: Nº 6 Abel Alonso.
Mellores rosas de Louredo: Nº 8 Delfina Rodríguez.
Mellores rosas de todo o Concello de Mos: @s nen@s da parroquia de Mos Marcos Pazos e Emma Verguela.
A parroquia con maior participación foi a de Sanguiñeda, con 33 ramos participantes.

Os premios do concurso de empanada de pan de millo foron:
Mellor presentación: Nº 8 Rosa Durán.
Maior tamaño: Nº 13 Aitana Das Dores.
Mellor sabor: Nº 16 María del Carmen Domínguez.
Tocando ao remate da mañá, a Banda de Música Xuvenil de Torroso deu o seu tradicional concerto do Día da Rosa.
A guinda gastronómica da mañá púxoa a exaltación e degustación de empanada de pan de millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, a Asociación BaRes Mos e os panadeiros de Mos.
O acto rematou con todo o público presente cantando o himno, previo reparto dun folleto coa letra, xunto cos autores da letra, Antonio Barros e Ialma, e tocando o compositor do himno municipal Alborada Camiño da Rosa, Xulio Lorenzo, a Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Banda de Gaitas Ruada de Torroso.