A dirección da Plataforma N-120 expresa a súa satisfacción despois do traballo realizado durante estes últimos 6 anos e agradece o apoio veciñal
Na tarde de onte, a Dirección Xeral de Estradas do Estado comunicou á alcaldesa de Ponteareas que nos vindeiros días sairá no BOE a exposición pública do proxecto de reforma da N-120.
Así tamén a alcaldesa quedou autorizada a solicitar o proxecto dende xa ao Delegado do Goberno en Galicia ou a Subdelegada do Goberno en Pontevedra.
Queda suspendida a manifestación do 1 de abril
A dirección da Plataforma expresa a súa satisfacción polo feito histórico que suporá a publicación no BOE dun proxecto polo que leva loitado este colectivo estes últimos 6 anos, quere dar as grazas ás veciñas e veciños que apoiaron sempre a esta Plataforma e que así o manifestaron naquela grande mobilización do 2016, pero tamén quere lembrar a tod@s @s veciñ@s que xa non están con nós, e nomeadamente especial recordo a Xosé Represas e Pepe de Generosa, dous activistas que estiveron até os seus derradeiros días defendendo o ben común.