Sthela Táboas 16/03/2022

Este vehículo lanzadeira eléctrico, intelixente, autónomo e sostible de aspecto futurista valórase para o  transporte de pasaxeiros

O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia –CTAG- recibíu onte a visita do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo e da concelleira de Urbanismo, Antía Carrera; que estiveron acompañados do seu director xeral, Luis Moreno, e do director da división de ITS e Electrónica, Francisco Sánchez.

O CTAG conta máis de 900 empregados, o 80% deles titulados superiores, situándose á vangarda da investigación e da innovación, con máis de 50 proxectos colaborativos en marcha.

O rexidor porriñés declaraba: “O potencial da CTAG reside sen dúbida nos seus recursos humanos, que tal e como nos refire o seu director, son o seu maior activo. Isto supón unha enorme oportunidade para O Porriño, pois @s nos@s moz@s poden formarse e desenvolver a súa profesión ao máis alto nivel sen necesidade de marcharse. A capacidade innovadora do centro tecnolóxico e o seu volume de investimento en ensaios e estudos, fai que necesiten incorporar persoal cualificado de maneira constante”.

Os representantes municipais coñeceron tamén en profundidade un dos seus proxectos máis recentes do CTAG, o shuttle ou lanzadeira, un vehículo eléctrico intelixente, autónomo e sostible de aspecto futurista para o  transporte de pasaxeiros.

Tras coñecer as características do proxecto e incluso realizar un recorrido de proba, valórase a posta en marcha dunha experiencia piloto en Porriño que permita coñecer o funcionamento deste bus nunha contorna aberta no que teña que interactuar con tráfico real. 

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad