Sthela Táboas 19/02/2022

A veciña de Alxén recentemente campioa nacional na modalidade de Sala Longbow amosou con orgullo as súas medallas, explicando as diferenzas entre modalidades da súa disciplina deportiva

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, xunto ao concelleiro de Deportes, Edgar Martínez, recibiron este mércores no Concello á veciña da parroquia de Alxén, Mónica Ledo López,  recente campioa de España de Tiro con Arco en Sala (18 m) na modalidade de Longbow  (Arco tradicional).

Ainda que leva ao redor de 7 anos no mundo do arco, Mónica Ledo xa posúe un palmarés envexable, acadando varios logros de importante valor competitivo, no que temos que destacar un bronce individual femenino no Campionato de España en Sala 2018, un 5º posto no ano 2020 e, por suposto, o recente ouro que nos amosa con moito orgullo.

Ademais, esta campiona tamén compite na modalidade de Aire Libre (30 m), obtendo unha valiosa medalla de prata en individual e un ouro por equipos mixtos.

Sen dúbida, estamos diante dunha muller con moita puntería nunha especialidade moi complexa, xa que na modalidade de Longbow “os arcos son tradicionais, sen poleas, sen estabilizadores, sen visor, onde o equilibrio e a precisión corren a cargo da arqueira, sendo a intuición  a ferramenta estrela en cada flecha”, explicáballe Mónica á alcaldesa e ao concelleiro, das diferencias que se poden atopar con outras modalidades no tiro con arco. 

Dende o Concello “queremos dar os nosos parabéns a Mónica, que se suma a un amplo número de deportistas locais de alto rendemento d@s que nos sentimos moi orgullosos, e que nos anima a seguir apostando polo deporte de Salvaterra”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad